O pequeno señor Paul vivía nun mundo cheo de libros, adoraba oslibros. Medrou entre árbores cargadas de libros e dedícalle todos osdías un tempo á lectura. As veces encóntrase con que un libro ten unfinal errado e, sen pensalo dúas veces, aló vai ver o escritor. Ou seten que cambiar algo na súa vida, vai a un taller de remendos ou sobea un tren invisible, rumbo ao país da risa perdida, en que coñece unhome forzudo que lle explica como se pode saber que aspecto ten un día bo ou un día malo, se está agochado dentro dun bolso. No mundo doseñor Paul, todo o que teña espazo entre as tapas duras dun libro e oque faga vibrar a alma dun lector é posible. E todo iso, son moitas,moitas cousasàEn breves relatos ilustrados por Ulf K., orixinais e sorprendentes ,Martin Baltscheit vainos presentando ao señor Paul, protagonista detodas as historias, amosándonos, ao tempo, unha mirada inxenua e aguda da realidade.