PREMIO TORRENTE BALLESTER 2019Marzo de 2016, en plena guerra de Siria, a cidade de Alepo estádividida en dúas partes enfrontadas. No lado rebelde, a activistaAmira loita por informar o mundo desde dentro da guerra e visita unorfo rescatado baixo os cascallos, no lado do réxime, Isam, un químico que traballa nunha fábrica de xabón, teme a notificación do Gobernopara engrosar as filas do exército. Ao mesmo tempo en Bruxelas, díasantes do atentado terrorista de Zaventem, Alicia topa indiciosdesacougantes que a fan temer pola vida da súa parella.Tecida a partir destas historias, O paraíso dos inocentes é unha viaxe á cerna da destrución provocada polo conflito sirio e á traxedia dosrefuxiados, ao tempo que un canto emocionado á solidariedade, áesperanza e á liberdade.Novela envolvente, na liña doutras obras do autor, como As rulas deBakunin e Laura no deserto, escrita desde o interior de personaxes que atravesan o horror cos ollos abertos e buscan un exorcismo na loita,no exilio ou no compromiso solidario. Intentos deseperados deaxustaren toda a dor á expectativa dunha reconstrución.