DE TORO, SANTOS / DE TORO, SUSO
Unha viaxe ao corazón dunha civilización desaparecida na brétema dotempo polos camiños da Historia e da Literatura. Un libro que mostra,a través dos ollos dun escritor contemporáneo, a cultura de guerreiros relixiosos e unha épica poderosa que aínda latexa oculta dentro dacultura occidental. Unha aproximación á grande epopea dos celtasirlandeses que durmiu semiagochada e dispersa durante séculos.
Lugh, Breogán, Cú Chulainn, Finn, deuses, semideuses e heroes. Opálido rei Artur, o que desapareceu no océano celta rumbo á illa deAvalon, segue seducindo os europeos máis soñadores.
N'O país da brétema recóntanse os latexos da alma celta desde a orixe, entre as brumas do mito e a lenda, ata o respirar das novas gaitasactuais.
O embruxo dunha cultura que atrae inevitablemente os habitantes duntempo que quere mitos, e dunha cultura que desconfía da maxia e domisterio.
Desta obra xurdiu a necesidade de escribir un libro posterior, Morgún(Xerais, 2003).