CANO, CARLES / CANO PEIRO, CARLES
Jaume Mirón sempre sentiu curiosidade polo lugar onde os magos agochan eses coellos que sacan rabexando dos seus sombreiros. ¿Cómo o farán?¿Por qué non dan un chío cando os sacan polas orellas? ¿Nunca escapouningún coello? ¿E logo por que son todos brancos? Unha chea depreguntas amoreábanselle na cabeza, polo que Jaume Mirón decidiu saber a verdade. Para conseguilo fíxose pasar por presidente dunhaAsociación de Defensa dos Coellos de Sombreiro, e consegue chegar aese isterioso lugar onde os magos gardan o seu maior segredo.O outrolado do sombreiro, escrita orixinalmente en catalán por Carles Canoestá organizada en vintesete capítulos, tantos como letras hai noabecedario. Neste libro de aroma inequivocamente carrolliano, CarlesCano propón aos lectores que xoguen coa fantasia e coa maxia daspalabras, que estean dispostos a disparar a súa imaxinación e deixarse sorprender por estes coellos secretos que se agochan ó outro lado dosombreiro, da imaxinación e da fantasía, en definitiva.