Empatizarías con alguén que humilla o teu sangue? Ata onde seríascapaz de chegar para defender o que máis queres?Para David Ledesma, que soña con ser un escritor de éxito de novelanegra, un disparo ridículo nunha perna é o colofón da súa vidacon Belén e o comezo dunha relación tráxica con María. A partir deaquí, o protagonista mergúllase nunha trama onde a violencia, amaldade e o amor entretecen un relato de vinganza.Diego Giráldez compón un gran tapiz que nace da intimidade dun corazón desafiuzado que loita por recompoñerse. O meu sangue é unhaintriga que nos arrastra ao particular descenso aos infernos doprotagonista e a unha defensa irracional do que nos fai máis felices:os seres e os lugares queridos.