O MAR E A MEMORIA. EXPEDIENTE ARMESTO

O MAR E A MEMORIA. EXPEDIENTE ARMESTO

$22.800
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
LAIOVENTO (IBD)
Año de edición:
ISBN:
978-84-8487-221-4
Páginas:
154
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Peso:
220
$22.800
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

A historia local co seu coñecemento polo miúdo do territorio, dasrelacións sociais e das personaxes protagonistas ten, entre outras, avirtude de enriquecer as visións máis xerais, humanizándoas e, decote, situándoas nunha engaiolante clave heterodoxa.
De todas estascaracterísticas participa O mar e a memoria. O Expediente Armesto, enque se fai referencia á documentación enviada entre 1937 e 1938 aogobernador civil da Coruña polo tenente da Garda Civil José ArmestoAnta, destinado \"ex profeso\" á vila mariñeira de Malpica parainvestigar o clima refractario alí existente verbo do novo réximexurdido pola forza das armas, tras o golpe militar do 17 de xullo de1936.
Os devanditos informes serviron de fío condutor para que,utilizando abundantes fontes arquivísticas, hemerográficas ebibliográficas, o autor constrúa unha historia de desafección esometemento nunha localidade que vivira afervoadamente a experienciarepublicana, tempo en que por primeira vez os poderes públicos tiveron en conta nas súas decisións a maioría social da vila representadapolos mariñeiros.
En realidade, o acontecido en Malpica, repíteseen boa medida na maioría de vilas do litoral galego, en que assimpatías polo réxime democrático xurdido o 14 de abril de 1931 eranamplamente maioritarias e nas que as liñas de forza que determinaron o devalar político-social das súas respectivas comunidades piscatoriasaté o remate da Guerra Civil, son dabondo compartidas.