En 2014, con ocasión dos 45 anos do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, a súa dirección e consello científicodecidiron promover un estudo en profundidade da traxectoria dun centro que durante décadas ofreceu formación didáctica a futuros profesoresde ensino medio, montou programas de apoio e perfeccionamento paramestres, realizou tarefas de investigación senlleiras pola súa contaou en colaboración con outras institucións, e impulsou publicaciónsque recollían experiencias dun número moi considerable de profesoresda propia Universidade compostelá. O traballo de investigación, moilaborioso pola abundancia de documentación administrativa, moitasveces desorganizada e almacenada nun soto en condicións adversas,conduciu a unha obra exhaustiva, necesaria e chamada a constituírse en referente, pois, que se saiba, non ten modelos nin precedentes, aonon existiren traballos globais nin de conxunto sobre os institutos de ciencias da educación doutras universidades españolas. A estarigorosa historia do ICE compostelán acompaña un importante elenco deinformación e documentación complementaria: referencias bibliográficas e documentais, índice de imaxes, de táboas e onomástico, e onceanexos nos que se recollen os cursos e seminarios impartidos, cursosde especialización, posgrao e másteres, o obradoiro permanente deeducación ambiental, os proxectos de investigación desenvolvidos poloICE, as publicacións patrocinadas, os premios á innovación educativana USC, e unha relación de profesorado e persoal de diferentes niveisdo ICE.