O GALEGO SOTO, LÍDER DA PATAGONIA REBELDE

O GALEGO SOTO, LÍDER DA PATAGONIA REBELDE

$29.664
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Biografias e historias reales
ISBN:
978-84-8302-316-7
Páginas:
168
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Peso:
344
Dimensiones:
240x170
$29.664
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Baixo o título O Galego Soto. Líder da Patagonia Rebelde, Lois PérezLeira (como coordinador), a historiadora Dolores Vieites Torreiro, oxornalista e intelectual arxentino Osvaldo Bayer, e o sindicalistaManuel Mera recuperan a figuran de Antonio Soto Canalejo, "O galegoSoto", líder que foi da revolta obreira da Patagonia arxentina nosanos vinte. O libro estructurado en catro partes, correspondendo cadaunha á contribución de cada un dos autores, aparece dentro dun novoformato da colección "Crónica", apoiado por unha estensa e coidadadocumentación fotográfica, a maior parte dela inédita ata hoxe enGalicia. Antonio Soto, alto rubio e de ollos claros, naceu en Ferrolen 1897 e chegaría a Buenos Aires a unha idade temperá, cando a cidade arxentina era un fervedeiro de folgas e manifestacións, que tiñan por fin reclamar mellores condicións de traballo e salario para a claseobreira. A vida de Soto quedou inmortalizada na película dirixida porHéctor Oliveira, que protagoniza o actor Federico Luppi, La PatagoniaRebelde e no recente documental de Xan Leira, estreado en Canal +. Opresente volume pretender difundir en Galicia e recuperar para a súamemoria colectiva unha figura descoñecida aquí, pero que constitúe unauténtico mito na historia da Arxentina de hoxe. A vida de Soto estivo envolta na loita obreira. A pouco de chegar a Río Gallegos foielixido secretario xeral da Federación Obreira da Poboación. Alí xunto a outros traballadores da hostelería e da lá, protagonizou unha folga de protesta para reclamar, entre outras cousas, un salario de oitohoras, cama digna, candeas e alimentos. As sublevacións, alentadas nasúa maioría por emigrantes galegos, animan ó exército arxentino aactuar e sofocar as manifestacións. Para isto, enviou tropas paradobregar ós folguistas co resultado da morte de máis de 1.500traballadores. Un auténtico xenocidio que constitúe unha das páxinasmáis negras da historia arxentina.