Nos textos de Ramón Piñeiro incluídos neste libro "gurgullan as idease interpretacións, adoito orixinais e faiscantes dunha mente dotadadunha intelixencia fulgurante, dunha extraordinaria capacidade para areflexión, dunha amplitude de coñecementos sobre os temas que toca eagudeza de visión verdadeiramente sen par", segundo escribe HenriqueMonteagudo no limiar. O tema que dá unidade ao libro é a culturagalega nas súas diversas facetas, e máis especificamente, a culturagalega coetánea a Piñeiro. Aproximadamente desde 1950 a 1985. Areflexión sobre a cultura galega constituíu unha das súas principaistarefas intelectuais de Ramón Piñeiro, inseparable da súa propiaacción no mesmo ámbito, as dúas de grande importancia no discorrer dahistoria de Galicia na segunda metade do século XX.Velaquí un novo volume da Biblioteca Ramón Piñeiro, na que EditorialGalaxia reúne as obras do pensador homenaxeado no Día das LetrasGalegas de 2009. Desta volta trátase dun libro no que se recompilan,en edición do profesor Henrique Monteagudo, textos de Ramón Piñeiroseleccionados con dous criterios: o tema e o tempo. Ensaios breves,prólogos, conferencias e discursos, e artigos que permanecíandispersos e que, por primeira vez, se publican conxuntamente.