Con sete dos contos máis coñecidos do escritor norteamericano, Oescaravello de ouro penetra neses terreos do misterio e das tebrasonde Edgar Allan Poe soubo crear maxistralmente unha atmósferaenrarecida e un espírito dominado pola angustia e o terror que tantocaracterizan a súa prosa. Poe, loubado por escritores como Baudelaire, foi un amante da beleza e da perfección, e fixo da súa vida unreflexo da súa obra.