Outra vez Compostela. O espacio humano e urbano da máis fermosa dasnosas cidades serve de marco para esta historia de amor e de intrigaque, sabiamente, Román Raña logra tecer e poetizar. Un violino, unhamisteriosa muller, o submundo da droga, un rapazque soña con ser algún día gran concertista, un músico famoso, as mafias do narcotráfico,unha figuriña de ouro... Con estes ingredentes o autor crea o climanecesario para enguedellarnos neste relato.