Título: O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS.
Subtítulo: RELATOS,CONTOS E LENDAS DE TRADICIÓN ORAL.
Atopar un tesouro é sentir a emoción de enlazar o presente co pasado máis valioso. Así é otraballo de José Rodríguez Cruz, un tesouro que recupera o patrimonioesvaecido do mundo máxico do Couto Mixto, da súa culturasentimental.
Na noite estrelecida galega aparece este fermoso libro que recolle anacos da Antropoloxía cultural e das lendas desterecuncho do mundo raiano, galego-trasmontano. Sen el, o Couto Mixtoquedaría eivado do seu máis xenuíno relato, o das historias e contostantas veces repetidos ao quente do lume duns rachóns de carballo.Retorna así o arrecendo íntimo das casas que un día tiveron gravadasnas lumieiras das portas, o "E" de España, o "G" de Galicia ou o "P"de Portugal. A teimosía das metrópoles, hispana e lusa, por esnaquizar os dereitos seculares das xentes do Couto Mixto, deu na desaparicióndestes sinais.
Este territorio bretemoso -que para os seusmoradores naceu dunha lenda, o favor dos veciños a unha raíña fuxidaque deu a luz na invernía, ao amparo da calor da veciñanza- taméncomparte cos pobos da contorna o patrimonio inmaterial e xenético daRaia fronteiriza.
Luís Manuel García Mañá
Título: O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS.
Subtítulo: RELATOS,CONTOS E LENDAS DE TRADICIÓN ORAL.
Atopar un tesouro é sentir a emoción de enlazar o presente co pasado máis valioso. Así é otraballo de José Rodríguez Cruz, un tesouro que recupera o patrimonioesvaecido do mundo máxico do Couto Mixto, da súa culturasentimental.
Na noite estrelecida galega aparece este fermoso libro que recolle anacos da Antropoloxía cultural e das lendas desterecuncho do mundo raiano, galego-trasmontano. Sen el, o Couto Mixtoquedaría eivado do seu máis xenuíno relato, o das historias e contostantas veces repetidos ao quente do lume duns rachóns de carballo.Retorna así o arrecendo íntimo das casas que un día tiveron gravadasnas lumieiras das portas, o ´E´ de España, o ´G´ de Galicia ou o ´P´de Portugal. A teimosía das metrópoles, hispana e lusa, por esnaquizar os dereitos seculares das xentes do Couto Mixto, deu na desaparicióndestes sinais.