O carnaval en Galicia é unha rigorosa e amena monografía de FedericoCocho, con fotografías de Manuel G. Vicente, sobre o entroido. Ocarnaval, tempo que precede á Coresma no calendario tradicional, é afesta da transgresión e da burla, que é tamén purificación, parodia,rexoube na representación do mundo. As súas raíces afondan na memoriamáis antiga da nosa cultura e, a pesar das prohibicións cíclicas aolongo da historia, rexorde cun pulo sorprendente. Este rigorosotraballo de campo leva ao lector a través das máis diversas ecarnavalescas paisaxes da nosa xeografía: as máscaras da culturarural, os Momos e Mecos, Os Felos de Maceda, os míticos Cigarróns, osTroiteiros de Bande, os rechamantes Xenerais do Ulla, os Merdeiros deVigo, Peliqueiros, Pantallas, Tamborradas de Viana do Bolo, Foleirosde Sande, Marfois, Choqueiros, Zarrampallos, Madamas e Galáns deCobres... E tamén a rica tradición do carnaval nas vilas e cidades: oUrco e o Ravachol de Pontevedra, os apropósitos coruñeses... Un libroque afonda na profunda significación da festa.