AA.VV
Este libro, "O CAMIÑO, do Cebreiro a Santiago", nace para celebrartrinta anos de andaina dos Premios da Crítica, unha experienciapioneira da sociedade civil baseada, arremedando a milenaria do Camiño de Santiago, na pluralidade, na tolerancia e nos valores que nosidentifican como galegos. As colaboracións, que conformanpoliedricamente as vivencias, sentementos e ideas do colectivo querealizou este camiño en abril de 2.007, pretenden aportar ledicia eestética a este itinerario vertebrador de Europa en vísperas do comezo doutro Ano Santo, o Xacobeo de 2010. No decir de Basilio Losada, odecano e o máis experto dos caminantes, "o Camiño hai que entendelosobre tres eixos: a paisaxe, a arte e a xente". No caso que nos ocupa, son "as xentes" todas aquelas que están no camiño, as que moran e asque van "in itinere", que son as que conforman o miolo destaenriquecedora e inesquencible experiencia.