SABATE, ONOFRE / SANTOS, MANOEL / SANTOS DÍAZ, XOSÉ MANOEL / MACÍAS MACÍAS, FRANCISCO
Non eran poucos os peregrinos que continuaban a viaxe dende Compostela polo Camiño de Fisterra para chegar ás máxicas terras da Costa daMorte, á fin do mundo, ao Finis Terrae onde os romanos adoraron o sol. Aquí acababa o mundo no medievo e quizais tamén o faga hoxe en día.Tanto a ruta do litoral como a do interior realizábanse ben dendeSantiago ben cara a esa cidade, pois eran moitos os peregrinos quearribaban aos miúdos portos da Costa da Morte.