Xohán Casal (A Coruna, 1935-1960) foi, xunto aos seus amigos RaimundoPatiño e Antón Avilés de Taramancos, un dos creadores a mediados dosanos cincuenta da "Asociación de Artistas Ceibes" da Coruña. Falecidoprematuramente, aos vinte e catro anos, Casal deixou inédita a súaobra literaria, que só vería a súa luz en 1970 coa edición,prepararada por Raimundo Patiño, d’ O camiño de abaixo, trece contosque, a pesar da súa publicación serodia, poden ser encadrables dentroda "nova narrativa" galega.A presente edición d’ O camiño de abaixo, preparada pola profesoraTeresa Bermúdez, inclúe un longo estudo introdutorio sobre a figura de Casal (sen dúbida o máis estenso dos publicados ata agora), os tresce contos da primeira edición de 1970, así como as tres narraciónsengadidas na edición de 1985 ("Disquisicións dun señorito en materiade relixión", "O neno" e "o traxe aldeán". Completan o volume unapartado de apéndices onde se recollen diversos poemas e cartas sobrea figura de Xohán Casal, que este volume recupera.O camiño de abaixo é un inmenso berro, arrepiante e telúrico, que omozo Xohán Casal ceibou en plena "longa noite de pedra", un profundoberro ante a vida e a morte, ante a soidade, o amor e a loucura, anteo alleamento e sempre ante Galicia. Para Casal, a literatura era oinstrumento supremo de comunicación e redención vital. A súa obra nace dun desexo de transcendencia e dunha insaciable paixón vital,expresada cunha sorprendente firmeza e lucidez.Esta edición presenta novas perspectivas sobre O camiño de abaixo,nunha aproximación actualizada pola rigorosa análise dos relatos epola incorporación dos testemuños de amigos e familiares do escritor.Ademais, por vez primeira, danse á luz os deseños de Casal, cuxaexistencia desvela unha faceta creativa descoñecida, que proporcionaun correlato visual ao universo literario deste autor excepcional.