O beato frei Xiao de Chaguazoso, santo da Igrexa e falecido no séculoXVI, relixioso franciscano da Provincia do Santo Evanxeo de México,relata a súa vida chea de prodixios e adversidades apoiándose nasláminas que frei Tadeo de la Aguadilla, da mesma Orde e Provincia,faría sobre el, séculos despois, e que foron recollidas nun libro quealguén esqueceu nos bancos dunha igrexa. Un argumento que lle serve ao autor para recrear con rigor histórico e alento de relato deaventuras un mundo imaxinado no México de Hernán Cortés, onde oprotagonista, un mozote emigrante de humilde orixe galega, convive con aventureiros, soldados e freires que interactúan coa poboaciónindíxena. Unha das novelas máis logradas e fermosas de Alfredo Conde.