É o amor a mellor arma para loitar contra a barbarie da sinrazónhumana? Pode alguén confiar na bondade dese sentimento nun lugar ondehai que pelexar cos seres máis queridos por respirar a última burbulla de osíxeno que fica nas cámaras de gas? Estas son algunhas daspreguntas que asaltaron a Thomas Münch pouco tempo despois de coñecera Irene Rosenthal na fábrica de munición dos campos de exterminio deAuschwitz, a onde acudía regularmente a cortarlles o cabelo ás presas. O perruqueiro berlinés confiaba en que só ese sentimento podía levalo a esquecer a xenreira que sentía cara aos xudeus para implicarsenunha revolución que os afastase do inferno de Birkenau. Mais semprepairaba sobre el a mesma dúbida: era realmente posible o amor enBirkenau?