Durante a cerimonia de iniciación de Bris, o herdeiro do moi nobreNeixón, o señor de Norteáns, o pobo elixido, anticípanse importantesmudanzas en Nola. Diante dos ollos de Forca, o ourive, fillo da meigaa Reva, tres mulleres, Cances, irmá de Bris, Leta e a súa nai Banda, a tecelá, desafían as sagradas leis norteás. Mentres, Pruno, un escravo liberto, prende a isca da rebelión dos argolados, os servos aos quese identificaba por levar un pecho de ferro ao redor da gorxa. Seráncapaces de ceibarse do xugo dos norteáns? O torque sagrado marcará ocamiño da súa vitoria?
Novela prehistórica, Norteáns reconstrúe con detalle a sociedadecastrexa, a súa organización social, política, militar e familiar, osusos e costumes cotiáns e a relixiosidade da cultura prerromana quepoboou Galicia e o norte de Portugal no século I antes de Cristo.Norteáns é, tamén, o retrato dunha sociedade onde había idealistas eopresores, onde reinaba decote o amor e a amizade, mais tamén a cobiza e a vilanía. Un relato engaiolante protagonizado por homes e mulleres capaces de sacrificarse por unha causa xusta ou de traizoarseloitando polo poder, como sucede no noso tempo.