Antonio escribe bañado en lágrimas nun xélido garaxe da cidade deLisboa. Carla fala da morte de Giuseppe Verdi, de corazóns detidos nomedio da noite e do coro dos escravos de Nabucco a agromar entre anéboa. Nunha nota de despedida, Natsuki escribe na parede sobrerumores de pasos e a desaparición da neve. Castro quere coñecer aterra dos seus devanceiros e a noite antes de partir un irlandés canta onda unha fiestra cos ollos incendiados. Vidas que se adhiren áconciencia conformando unha familia de voces que poboan o día a díadun hostal de cuartos compartidos no centro da cidade onde o ronseldas súas presenzas desaparecerá, empurrado polo incesante ir e virdoutros viaxeiros.Gañadora da XXIV edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta,o xurado salientou de Non o saben as estrelas «a súa orixinalidadetemática e o carácter innovador dun texto de lectura engaiolante ecapacidade envolvente».