LOBATO SANCHEZ, XURXO / LOBATO, XURXO
Dende hai séculos asóciase a imaxe da vaca a Galicia, pero poucosabemos do mundo que se desenvolve arredor deste animal. Hoxe a vaca é a columna vertebral do medio rural en Galicia. As 450.000 vacas das14.000 granxas producen 2,3 millóns de toneladas de leite por ano (o32% da produción estatal), datos que fan de Galicia a primeirapotencia leiteira española.Este libro, No país das vacas do fotógrafo Xurxo Lobato, quere ser untributo visual á vaca, explicar como vive, de que vive e quen vivedela. Pretende dar a coñecer visualmente a tecnoloxía aplicada nasgranxas, a variedade de razas autóctonas, a industria láctea e dacarne, a gastronomía ou presentar como as vacas son obxecto de estudona universidade. Ademais, o libro pretende presentar asrepresentacións iconográficas onde aparece a vaca, dende obaixorrelevo romano atopado en Becerreá ao cartel de Castelao nacampaña a favor da Autonomía, dende as esculturas de Asorey áscerámicas de Seoane e pinturas de Laxeiro, pasando polo seuprotagonismo na literatura galega ou nos programas de televisión.O libro inclúe, tamén, dous ensaios moi clarificadores e divulgativos, os do catedrático Lourenzo Fernández Prieto ("Inventando a vaca: doreino das rubias ao reino das pintas"), que aborda o aspectohistórico, e do xornalista Julián Rodríguez ("Moita máis luz quesombras"), que achega os datos económicos básicos sobre a actualsituación do sector. Ademais, acompañando as fotos e aos ensaios,diversos testemuños escritos protagonizan a mirada plural de como vena vaca representantes de sectores sociais moi distintos. Uns dende acomplicidade de quen convive con elas e outros dende a nostalxia dasúa nenez ou dende unha visión urbana.Un libro fermoso e poliédrico que aspira a que os seus lectores electoras coñezan un pouco mellor o país das vacas, a súa importanciana sociedade galega, mesmo para chegar a converter a vaca nunha dasiconas da nosa identidade do século XXI.