A historia que Pamuk conta en Neve céntrase na viaxe dun poetaexiliado á meláncolica cidade de Kars, que acaba de sufrir unha vagade suicidios de mozas por se lles prohibir o uso do veo. O obxectivodo poeta e protagonista da novela é escribir sobre esta cadea defeitos tráxicos. Pamuk aproveita a atmosfera da cidade, envolveitanunha nevarada constante, para elaborar unha metáfora da melancolía. A novela introduce a lectores e lectoras nun universo ficional no que a farsa, a crueldade e a violencia se personifican na cidade de Kars ena atracción que o poeta protagonista sente por unha muller, a fermosa Ipek, e pola figura dun terrorista carismático.Publicada orixinariamente en turco no ano 2002, Neve está consideradaunha das obras mestras de Orhan Pamuk pola súa concepción narrativa,na que a intriga se combina axeitadamente coa poesía.