No século XX o mar de Vigo viu perecer a centos de persoas en máis deseiscentos accidentes marítimos rexistrados tanto na ría de Vigo comonas súas inmediacións. Embarcacións militares como a canoneira Condor, vapores como Berlín, trasantlánticos como o Veronese, o Siboney, ou o Hammonia, lanchas de pasaxe como a Monchiña, petroleiros como oPolycommander, iates como o Thalassa, traiñeiras como a Josefa epesqueiros como o Cuatro Hermanos, o Nueva República, o Tito, o Avedel mar, o Marbel atoparon nas augas viguesas o punto final das súassingraduras, deixando en terra unha estela de dó e morte. Cabo do Mar, os Farallóns, Punta Borneira, as Cíes e mesmo a enseada de San Simónsouberon de varadas, afundimentos, abordaxes, incendios e vías de auga que encheron os xornais da época de arrepiantes narracións, deheroicos rescates e de inconsolables desgracias familiares.Francisco Díaz Guerrero reconstrúe a negra crónica dos naufraxios domar de Vigo e avivece na nosa memoria a lembranza dos seus tráxicosprotagonistas. Tratando sempre de non furgar no drama e de fuxir darecreación morbosa, non resulta estraño asistir a citas cando menoscuriosas como a que se relata no naufraxio do pesqueiro de BouzasMontenegro núm. 3 ou o rescate dos touros sementais, xuvencas eovellas do trasatlántico inglés Higland Pride, naufragado preto deBaiona. Finalmente, e debido á ampla repercusión social que tivo nasúa época, o libro recolle o curioso naufraxio do globo aerostáticobelga Prince Leopold, que, no ano 1925, mantivo expectantes ás xentesde Vigo e e a súa bisbarra. Naufraxios no mar de Vigo é moito máis que un relatorio informado destes malfados episodios: é unha apaixonadahomenaxe aos homes e mulleres que, sucando os mares, escriben ahistoria desa potencia marítima que é Galicia.