Nasce un árbore e Memorias de Tains de Gonzalo Rodríguez Mourullo sondous documentos literarios de excepcional interese e relevancia paraas nosas letras. A presente edición rescata senllas obras alén deofrecer unha rigorosa análise introductoria a cargo de TeresaBermúdez, elaborada en base a un continuo diálogo con persoeiros danosa cultura e unha exhaustiva confrontación con outros documentos.Nela desvélanse perfís inéditos do autor.Catro décadas despois dapublicación destes dous libros esta é unha boa ocasión para achegarseá figura de Mourullo a través da súa curta producción literaria,considerada como pioneira e punto de inflexión na evolución daliteratura galega contemporánea pola súa calidade, pola mestríanarrativa que exhibe e pola introducción de novas técnicas e temáticas ata daquela absolutamente inéditas na nosa tradición.Mª TeresaBermúdez Montes (Londres, 1969), licenciada en FiloloxíaGalego-Portuguesa, é especialista na obra de Gonzalo RodríguezMourullo e autora de traballos sobre a narrativa galega contemporánea, centrados na Nova Narrativa e na escrita de concienciación feminina.