A reconstitución do campo cultural galego tras o enorme impacto daGuerra Civil presenta unha serie de circunstancias específicas quesempre a diferenciaron das experiencias doutras realidades nacionais,tanto nos efectos inmediatos da represión franquista como naestratexia de oposición desenvolvida no medio e longo prazo. O estudoque presenta Mario Regueira aborda o período da primeira posguerradesde unha perspectiva nova, capaz de recoller algunhas das achegasmáis innovadoras do ámbito dos Estudos Galegos acompañándoas dunhavisión de conxunto que non teme problematizar moitos dos aspectostratados, rachando con certas inercias estruturais da historiografíaliteraria propia.Desta forma, a pesar do foco inicial no desenvolvemento da narrativa,a proposta do autor aborda a relación desta con outras producións,sinaladamente as de tipo ideolóxico, abordando a reconstitución duncampo literario galego e o papel normativo que neste proceso tomou aeditorial Galaxia. Desde a conquista das institucións até aconfiguración dun marco ideolóxico, filosófico e historiográfico quepredeterminou unha idea concreta do país e da súa literatura, MarioRegueira explora tamén os espazos de sombra que esas estratexiasdeixaron: as discrepancias co exilio, a ruptura das novas xeracións de autores, a débeda con filosofías de corte esencialista ou o papel demediación que o proxecto culturalista chega a representar fronte áditadura e algúns sectores do franquismo como características desteprimeiro período da editorial.