NACIONALISMO GALEGO AQUÉN E ALÉN MAR

NACIONALISMO GALEGO AQUÉN E ALÉN MAR

DESARTICULACIÓN, RESISTENCIA E REARTICULACIÓN (1936-1975)

$45.251
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(369).LAIOVENTO, S.L.
Año de edición:
ISBN:
978-84-8487-277-1
Páginas:
450
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Dimensiones:
210x140
$45.251
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Con esta obra o profesor Uxío-Breogán Diéguez Cequiel realiza unhafonda incursión na historia do nacionalismo galego. Apresenta unhamonografía na que, por vez primeira, obtemos unha detallada panorámica desta realidade entre o plebiscito autonomista de xuño do 1936,diante da II República, e a eclosión do movemento nacion al-populargalego na primavera do ano 1975, no final da ditadura franquista. Unha viaxe que parte dun tempo presidido no campo nacionalista poloPartido Galeguista (PG), fundado en decembro do 1931, para rematar coa creación da Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), da que secumpren corenta anos.Entre ambos fitos cronolóxicos e organizativos,este libro percorre os camiños que o nacionalismo galego transitou,aquén e alén mar, desde a súa desarticulación após o Golpe militar de1936 e o longo exilio. Un exilio que de xeito sobranceiro tería comomáximo expoñente ao deputado Daniel Rodríguez Castelao. Quen xuntooutras fi guras, caso do destacado Antón Alonso Ríos, erguería untecido patriótico alén mar do que sería exemplo a Irmandade Galega(1941) e o Consello de Galiza (1944), sorte de goberno galego noexilio.Tempo de resistencia no que na Galiza se ensaiaría un novogaleguismo, cimentado desde 1939 e no que a lingua e cultura propiasserían o seu epicentro. Un resistencialismo cultural que non seríaacompañado por proclamas soberanistas, a diferenza daquel exilio etempo republicano. Realidade diante da que desde alén mar secontribuiría decisivamente á reorganización nacionalista na Terra,dando lugar ao efémero Consello da Mocedade no 1963 e un novo tempo de rearticulación patriótica galega