UXIO / BREOGAN DIEGUEZ CEQUIEL / UXÍO-BREOGÁN DIÉGUEZ CEQUIEL
Con esta obra o profesor Uxío-Breogán Diéguez Cequiel realiza unhafonda incursión na historia do nacionalismo galego. Apresenta unhamonografía na que, por vez primeira, obtemos unha detallada panorámica desta realidade entre o plebiscito autonomista de xuño do 1936,diante da II República, e a eclosión do movemento nacional-populargalego na primavera do ano 1975, no final da ditadura franquista. Unha viaxe que parte dun tempo presidido no campo nacionalista poloPartido Galeguista (PG), fundado en decembro do 1931, para rematar coa creación da Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), da que secumpren corenta anos.
Entre ambos fitos cronolóxicos eorganizativos, este libro percorre os camiños que o nacionalismogalego transitou, aquén e alén mar, desde a súa desarticulación após o Golpe militar de 1936 e o longo exilio. Un exilio que de xeitosobranceiro tería como máximo expoñente ao deputado Daniel RodríguezCastelao. Quen xunto outras fi guras, caso do destacado Antón AlonsoRíos, erguería un tecido patriótico alén mar do que sería exemplo aIrmandade Galega (1941) e o Consello de Galiza (1944), sorte degoberno galego no exilio.
Tempo de resistencia no que na Galiza se ensaiaría un novo galeguismo, cimentado desde 1939 e no que a linguae cultura propias serían o seu epicentro. Un resistencialismo cultural que non sería acompañado por proclamas soberanistas, a diferenzadaquel exilio e tempo republicano. Realidade diante da que desde alénmar se contribuiría decisivamente á reorganización nacionalista naTerra, dando lugar ao efémero Consello da Mocedade no 1963 e un novotempo de rearticulación patriótica galega.