Alguén explicou, unha vez, que envellecer viña sendo o mesmo queescalar unha gran montaña durante toda unha vida. A medida que seascende faise máis lento e traballoso o camiño, pero, en troques, amirada vólvese libre e a vista que ante nós se ofrece resulta dunhaamplitude totalmente descoñecida, serena... máis reconfortante.Ana é unha de tantas mulleres que naceran na segunda década do séculoXX e que viu rota a súa vida pola marcha do seu ser máis querido áoutra beira do océano na procura duns pesos... e por unha guerra quenunca tiña que ter comezado... pola soidade, pola xenreira. Séntese,cando era moza, case unha nena, na obriga de abandonar a súa casa, asúa familia, coa soa idea de afastarse de todo para sempre, tentandoao mesmo tempo fuxir dos recordos que ameazaban con relala pordentro.A cidade da Coruña acolleuna cos brazos abertos e alí permanecedurante corenta anos. Consegue co tempo o seu propósito de borrar opasado.As circunstancias lévana de novo á súa terra. Un fortuíto accidentecondúcea a un fogar da terceira idade que construíron preto da aldeaque a viu nacer. Desde alí pode contemplar a diario todos os recantosnos que reverdecen outra vez, as lembranzas que cría durmidas...
Ana ten algo máis de sesenta anos...