\"O relato dunha peregrinación á procura da verdade e da identidade através do son das palabras\". Así define este particular libro dememorias a súa autora, Carys Evans-Corrales (1949-2020), lingüista,profesora, tradutora (traduciu ao inglés numerosos autores galegos:Murado, Pallarés, Sumai, Borrazás...) e protagonista dunha singularperipecia vital.
Con só tres meses de idade deixou o seu Londresnatal para se instalar en Singapur, onde o pai conseguira traballocomo profesor de Lingua e Literatura. As súas primeiras palabras foron en hainanés, o idioma da muller chinesa que a coidaba. E logo habíaentrar en contacto co malaio en Kuala Lumpur, co crioulo en Kingston,co galés na terra dos pais, co inglés e as súas infinitas variantesdesde York a New Jersey, co galego e o castelán na Compostela do final do franquismo e os inicios da democracia...
A Carys cadroullevivir, falar e escoitar en países que, coma a propia autora, estaban á procura dunha identidade. Moza falangueira procura lingua materna é o relato vital dunha muller que viviu os idiomas coma \"ferramentaspara intentar descifrar o mundo e para sabermos quen somos\".