PUENTES NOVO, HIXINIO / PUENTES, HIXINIO
Monbars o Exterminador de Hixinio Puentes é unha novela de aventuras,con alento de Stevenson ou John Steinbeck, escrita con certa tintaaceda. O protagonista rebélase e opina sobre conceptos como a lei,autoridade, monarquía, liberdade, moralidade... e realiza un canto aomar e as súas extraordinarias peripecias vitais. Monbars, alcumado&apos, &apos, o anxo exterminador &apos, &apos, pola súa xenreiraaos españois é un xentilhome languedociano da segunda metade do século XVII, que pasa a súa xuventude como filibusteiro da illa Tartaruga,no tempo dos grandes piratas do Mar Caribe, o Olonés, Morgan, etc.Desde o seu retiro nas illas anglonormandas, zona tradicional domatute entre as dúas ribeiras do Canal da Mancha, vai referindo ao seu criado as lembranzas dunha vida preñada de violencias, un mundomarcado pola pertenza ao credo hugonote, as guerras de relixión, asmonarquías absolutas, o ambiente corsario bretón, a xenreira contra os españois e o seu vivir diario na illa Jersey e na xeografía do golfode Saint-Malo, burlándose das leis e mostrando o seu gusto pola poesía goliardesca de François Villon. Unha novela para gozar da lectura que mereceu o Premio Eixo Atlántico de Narrativa galega e portuguesa nasúa última edición.