CARBALLO, XOAN / ROF CARBALLO, XOÁN
Este libro contén cinco ensaios, dos cales dous están directamenterelacionados coa cultura galega, como son o que dá título ao volume eo dedicado á Santa Compaña. A aparición de Mito e realidade da TerraNai en 1957 supuxo un auténtico acontecemento cultural, tanto polapersonalidade do autor como pola temática tratada. Rof Carballo, unhafigura eminente da medicina, ben coñecido nos ambientes intelectuaisespañois e europeos, incorporábase así ao brillante grupo de ensaístas que en Galicia acometía daquela a tarefa de prestixiar a lingua dopaís.O amplo saber humanista de Rof Carballo penetra lucidamente nestaspáxinas en aspectos fundamentais das culturas galega e europea.