MILAGRE DA TERRA

MILAGRE DA TERRA

$21.064
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
(164).BAIA FONDO (DEPOSITO)
Año de edición:
ISBN:
978-84-96526-50-1
Páginas:
128
Encuadernación:
Otros
Idioma:
Castellano
$21.064
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

A obra que tes entre as mans mostra, baixo títulos suxestivos,espectaculares imaxes acompañadas dun breve texto que, dunha formacuriosamente orixinal, proporciona algún dato do que aparece en cadafotografía.Considerando o número de especies fotografadas, así como a súadiversidade, formas e cores representadas, parece que estamos diantedun pequeno tratado de botánica, onde podemos ver musgos, fungos,fieitos, plantas superiores (as máis numerosas) e até algún dosinsectos relacionados co mundo vexetal.Como as especies comprendidas nesta colección son as máis coñecidas eabundantes no noso país, o tratado resultará moi interesante paratodas as persoas amantes da natureza, que atoparán os exemplaresretratados nos campos máis próximos aos seus fogares.No texto fálase das características importantes ou curiosidadesdalgunhas plantas, das crenzas populares de outras, dos lugares onde é frecuente atopalas por ser o seu hábitat ou da función que exercen na natureza. Tamén se suxiren as formas de aproveitalas, facendorelación á similitude cos obxectos comúns da vida cotiá e destacandoas características polas que deben ser admiradas.Sendo un traballo esencialmente fotográfico, como tal foi realizado,hai que valorar o contido botánico que encerra.Se nas guías de plantas as descricións deben ir acompañadas dunhailustración que mostre de maneira nítida as partes e os detalles decada unha das especies, estas fotografías cumpren perfectamente esecometido.(Prólogo do libro a cargo de Henrique Niño Ricoi)