Mil cretinos, o último libro de narrativa do recoñecido autor catalánQuim Monzó, camiña a través dese difícil equilibrio entre a miseriahumana e a vida, abordando a dor, a vellez, a morte e o amor. Desdeunha paisaxe cotiá do baleiro, Monzó constrúe un libro rotundo, onde o humor, a miseria e unha certa tristeza tecen un ton de desamparo, defalsa felicidade, que o autor analiza, coma sempre, desde unha olladasen concesións. Mil cretinos, traducido ao galego por Helena González, é un libro fermoso e contundente dunha das voces máis singulares dasliteraturas ibéricas de hoxe.