FUNDACION OTERO PEDRAYO / VV.AA.,
Nas páxinas deste libro recóllese a crónica dunha vida, dunhavocación apaixonada. "Memoria dos amigos", editado por Galaxia e aFundación Otero Pedrayo, é a crónica dunha vida ordenada por capítulos temáticos e enmarcada no testemuño de familiares e amigos de AgustínSixto Seco, moitos dos cales o acompañaron en momentos decisivos dasúa vida privada, vocacional e profesional.
Alvaro Sixto, o seu neto, Pedro Guillén, discípulo e figurasobranceira da traumatoloxía española, Xosé Ramón Barreiro,Presidente da Real Academia Galega e Juan Manuel Pérez, vello amigoseu de alén mar e expresidente do Centro Galego de Bos Aires, fálannos do Agustín home, profesional, amigo e galeguista. Cinco esteos queconstrúen un libro de cariño e homenaxe a quen foi o primeiroPresidente do padoado da Fundación Otero Pedrayo dende a súa creaciónno ano 1979 ata pouco antes do seu falecemento en decembro do 2004.