Nos derradeiros anos do franquismo un bispo deixaba na súa diocese de Mondoñedo-Ferrol unha estela de compromiso e solidariedade coa lingua galega e cos movementos sociais de progreso. Anos conflitivos que Monseñor Miguel Anxo Araújo recupera agora da memoria para coñecemento público. A súa vida trascende o labor pastoral para incidir en conceptos como a fraternidade e a igualdade. Neste libro fica a súa memoria de vida.