A edición desta obra contou co apoio da Consellería de Cultura,Educación e Universidade por medio da Secretaría Xeral de PolíticaLingüística e coa colaboración da Real Academia Galega. Dixitalización do manuscrito realizada por: Unayta (www.unayta.es)En Maxina, seguindo moldes da novela folletín da época, cóntase atormentosa e desgraciada historia de Otilia de Sancti-Petri, unhamoza da burguesía compostelá que é violada nun baile de máscaras, aconsecuencia do cal nacerá unha nena que chamarán Maxina. Co finde preservar a honra da nai, a nena será dada ao hospicio, e logorecollida e criada polos labregos Inés e Caitán, xunto ao seu medioirmán Ermelio, afillado de Salvio, o señorito de Rebordán, namorado epretendente de Otilia. O azar folletinesco acabará permitindocoñecer a orixe de Maxina, descubrir o autor da violación, proclamar a inocencia de Otilia e saber do futuro de Maxina, localizándosea acción entre 1850 e 1868 nas, para o autor, queridas paisaxes daUlla.Nesta edición ofrécese un texto actualizado, para facilitar o acceso á súa lectura, e acompañado coa reprodución facsimilarcaligráfica do manuscrito orixinal realizado en 1870 e depositado nosarquivos da Real Academia Galega.