", Maternidade fóra de catálogo ", é un ensaio próximo aoxornalismo narrativo. Parte dun relato en primeira persoa, mestura decrueza e humor, que aborda a crianza no contexto da cidade neoliberal.
Arrinca no embarazo, onde constata a activación de mecanismos sociaispara marcar a entrada nunha nova categoría preconfigurada. Descobretamén as barreiras e os tabús de ser madrasta. Desenvólvese durante oasentamento en Madrid da autora e da súa filla aos poucos días denacer.
No medio desa experiencia ", Maternidade fóra de catálogo ",analiza as dificultades, a ausencia de políticas sociais e de axudaspara a familia, a imposibilidade de conciliar, a precariedade, asengrenaxes do crecente modelo de explotación laboral coa ficción doemprendemento, a negación sistémica do gozo e da paixón, o cansazo e a pechazón ante a evidencia de novas realidades familiares.
Fala tamén esta obra da separación das amigas que non tiveron fillos,da importancia de seguir defendendo esta opción vital e da necesidadede camiñaren xuntas. Detense nas orixes e traxectorias doaleccionamento ás nais, co valente testemuño doutras mulleres, e nademanda dunha nova masculinidade, á cal tamén se lle dá voz.
", Maternidade fóra de catálogo ", pon fronte a nós o abismoda disgregación co selo do mercado e algunhas opcións para sobrevivir.