O libro é unha análise e estudo da apropiación dos mitos célticos e da relixiosidade galaica realizada polo cristianismo. Neste caso,exemplificada a través das múltiples advocacións a Santa Mariñapresentes en Galicia.
´Mariña: de deusa a santa´ está escritonunha prosa áxil e fluída que facilita un percorrido ameno polastransformacións históricas do culto pagán e do cristián. Estastransformacións converteron os lugares de culto coma montes, fontes,árbores ou lagoas sagradas en lugares cristianizados.
O traballode investigación realizado polo autor insírese dese xeito nunhatradición de grande importancia para a cultura galega, tradición quechanta as súas raíces no labor do Seminario de Estudos Galegos.
Velaquí un ensaio ben documentado e cunha exposición analítica duncaso senlleiro que constitúe unha especificidade de enorme significado para a antropoloxía cultural de Galicia.
´Mariña: de deusa asanta´ gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2016.