Colección de 15 relatos con protagonismo do mar e das súas xentes querespiran a mellor tradición do realismo fantástico e mostran unhalingua que procura recoller fielmente a fala da xente da Mariñaluguesa, mesturada, no entanto, cunha prosa rica en matices e recursos estilísticos postos ao servizo do dramatismo das distintashistorias.
Como manifesta o profesor, escritor e ensaísta Luís Alonso Gigardo,autor do prólogo da obra: «Velaquí un novo libro de Paco Rivas. Agoraun libro de prosa narrativa, de historias do mar e dos mariñeiros, das faenas de pesca e das súas artes, do mar e dos seus misterios, dosnaufraxios, das conversas nas tabernas, de barcos e barcas, da vida da xente. Todo no reducido ámbito dunha moi concreta xeografía: a Mariña luguesa, as costas e as augas do norte, Nois, Pena Orxal e outraspenas. En Nois precisamente ten o seu pequeno reino privado PacoRivas, a súa casa é unha pequena atalaia a carón do mar que el coñeceu dende neno e que aínda hoxe continúa a contemplar, a revivir ereinventar e, como non, a recrealo coas palabras [...]».