MARIA, MANUEL / FERNÁNDEZ TEIXEIRO, MANUEL MARÍA
Este libro titulado Manuel María. Día das Letras Galegas 2016, comocorresponde á marca da colección que a Universidade de Santiago deCompostela dedica cada ano á figura designada pola Real AcademiaGalega para a celebración das Letras Galegas, quere dar profundidade e a maior difusión á obra creativa de Manuel María (Outeiro de Rei,Lugo, 1929-A Coruña, 2004), a través da edición facsimilar de douscadernos e nove debuxos que mostran o traballo artesán dos seusversos, manuscritos, mecanoscritos, encadernacións e debuxos. Con este obxectivo escolleuse, entre o material gardado no arquivo daFundación Manuel María, na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei,tres conxuntos creativos que, citando segundo a orde da súa entidadeliteraria e non a cronolóxica, tal como aparecen nesta edición, son os seguintes: o caderno manuscrito autógrafo Poemas da luz resucitada, o caderno mecanoscrito Nenia por Aquilino Iglesia Alvariño e novedebuxos. Ditos orixinais son inéditos na súa forma concreta, no casode Poemas da luz resucitada, inéditos en libro, no caso dos versos daNenia por Aquilino Iglesia Alvariño, e absolutamente inéditos, no caso dos nove debuxos.