VEIGA, MANUEL / LASTRA MURUAIS, XOSE / VEIGA TABOADA, MANUEL
Este libro retrata a Manuel María, o home que aspiraba a coñecer atodos os galegos, un a un. Trátase dun relato engaiolante da súa vidacotiá, acompañado sempre da súa dona, Saleta Goi, mais tamén é unfermoso percorrido polas súas actividades como procurador, libreiro,editor, xornalista... Camiñante polos vieiros da terra e autorteatral, Manuel María (o primeiro mozo que publicou unha obra engalego despois da Guerra Civil) foi, sobre todo, un poeta quesaloucaba cando vía unha estrela. O volume complétase cunha cronoloxía da vida e obra, ademais dunha antoloxía de poemas, «Ferrados decorazón», do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016.