Mais a análise non se limita ao estudo do contexto dramático eteatral, en Galicia ou en Europa, tamén se propón unha lectura enclave actual dos textos de Lugrís. Faise o camiño que leva da páxinaimpresa ao escenario, que se concreta na creación de espectáculos,analizando os procesos que facilitan que en calquera tempo e lugar ungrupo de persoas poidan crear un espectáculo, finalidade para a que os textos de Lugrís, hoxe coma onte, poden ser un excelente pretexto.Elaborado desde a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, ovolume tamén quere ser unha homenaxe desa institución á figura deLugrís Freire e unha defensa da nosa memoria histórica no campodramático e teatral.