Trazar un perfil biográfico de Fraga Iribarne non é tarefa sinxela. Dificilmente poderá comprenderse a historia contemporánea de España e de Galicia sen estudiar a biografía deste galego universal, sen achegarse ao seu pensamento, sen analizar os seus xestos e decisións, tanto políticos como persoais. Tense dito del que é un "animal político" e non deixa de ser certo, mais a súa personalidade íntima é tan interesante como a pública.