MANU CHAO

MANU CHAO

MÚSICA E LIBERDADE

$30.816
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor
Editorial:
XERAIS EDICIONS
Año de edición:
Temática
Artes
ISBN:
978-84-8302-725-7
Páginas:
352
Encuadernación:
Rústica
Idioma:
GALEGO
Peso:
552
Dimensiones:
220x145
$30.816
IVA incluido
Sujeto Disponibilidad de Proveedor

Segundo Eduardo Galeano, Manu Chao. Música e liberdade, do xornalistamusical italiano Alessandro Robecchi, "non é unha biografía dun rockstar pola sinxela razón de que Manu Chao non é un rock star, senónmáis ben un rock wind, e non se pode retratar o vento. O autor destelibro métese nese vento que se mete nos mundos do mundo, e convídanosa voar".Robecchi reconstrúe a traxectoria vital e musical de Manu Chao dende os comezos dos Hots Pants e Los Carayos á paixón insurrecta deMano Negra, á aventura do cargueiro Melquíades, e á Colombia doExpreso de xeo e lume, momento no que chegou a se converter noverdadeiro líder do grupo. Esta primeira biografía continúa co seucamiñar musical en solitario, abordando tanto o éxito radical dos seus discos Clandestino e Próxima Estación... Esperanza, como das súasestancias en Barcelona, ou o seu último concerto en Lalín, nunhatraxectoria ascendente cara ao número un de tódalas listas musicais de Sudamerica e Europa, gracias á mestizaxe musical que fai que as súascancións non pertenzan a un só lugar senón a todo o mundo.Xurxo Soutoe Xosé Manuel Pereiro reivindican no libro a pegada galega da obra deManu Chao e reviven a súa estadía en Galicia. Na introducción de Xurxo Souto, "Manu Chao en Galiza, ou a aventura da Feira das mentiras",descríbese o encontro de Manu Chao coa terra dos seus maiores, a terra e as xentes de Bastavales, a unión co movemento Bravú, aparticipación na Caravanne des Quartiers e a celebración en Santiago,no agosto de 1998, da Feira das Mentiras. Pola súa banda, o xornalista Xosé Manuel Pereiro escribe un epílogo, "Ciao, Manu", no que revive a última estadía de Manu Chao en Galicia, en Lalín no mes de agosto de2001, "unha festa realmente global", e no que valora o papel daproposta musical de Manu Chao na sociedade actual.

Otros libros del autor