PREMIO BLANCO AMOR 2020.A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia avarias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleresdonas do seu corpo, as de mulleres como Concepción Arenal,visitadora de prisións, e Juana de Vega, cruciais para entendermosa nosa historia e as do ômudo coro das malas mulleresö, que entoaprantos sobre encontros cos predadores sexuais.A novela está escrita contra a desmemoria,para recuperar a memoria das excluídas, reclusas nocárcere da Galera, da Coruña, en 1863.Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega,traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar avida das persoas, en dar esperanza ás desesperadas.Como é habitual na obra de Marilar Aleixandre, a novela vai enmarcada nun ton poético e, sobre todo, nunha trama benarmada e chea de rexistros literariamente moi potentes.