A investigación fixouse como obxectivos o estudo da oralidade comoartificio para a construción da memoria na narrativa española actual,vincular as posibilidades da literatura con medios propios da historia oral e indagar en determinadas perspectivas sobre o testemuño e odiálogo entre xeracións dende o campo da narrativa, como un correlatode certos reclamos sociais.Mala herdanza... analiza a representaciónda oralidade na produción narrativa ficticia de diversos autoresespañois de finais do século XX e comezos do século XXI que abordarona temática da Guerra Civil e as súas consecuencias en torno aoxurdimento de achegamentos e debates sobre o tratamento do conflitobélico. Selecciona propostas que xurdiron esencialmente dende aliteratura -malia que se detén tamén nalgún texto fílmico- paraabordar o pasado traumático e as técnicas de transmisión empregadaspara a narración ficticia de aspectos longamente silenciados polahistoria oficial.