DE TORO, SUSO / TORO SANTOS, XESÚS DE
Este libro tenta ser un retrato, construído pola propia voz de JoséLuis Rodríguez Zapatero, sobre a traxectoria política do presidente do Goberno. Pero, ademais, é un relato literario onde a principal voznarradora que resoa é tamén a do protagonista, acompañado de persoasque o coñecen e que axudaron a contar esta historia: Juan RodríguezZapatero, José Miguel Vidal Zapatero, María Teresa Fernández de laVega, Rogelio Blanco, José Andrés Torres Mora, Trinidad Jiménez,Julián Lacalle, Antonio Cuevas, Carme Chacón, José Blanco, PascualMaragall e Emilio Pérez Touriño.En palabras do autor do libro, Suso de Toro: «Durante a preparacióndeste libro, vin un político novo que chegou a ser presidente doGoberno logrando manterse reservado sobre a súa vida persoal, queactúa con gran resolución e que aparentemente non lle dá importanciaao que se di e escribe sobre a súa persoa. Un político que comunicacoas palabras xustas, á vez que confía en que a linguaxe dos feitos,que para el é natural, sempre será comprendida por todos. Este libroquere deixar á luz de qué madeira está feito José Luis RodríguezZapatero».