Vigo de Galicia, días de outono do ano 2001. O neto de Anxo VilariñoEnríquez agradece a memoria do avó, incondicional afeccionado, sociosoñador dun Celta galego e campión. O rapaz escoita, en necesariashoras de garda e de terapia para o ancián, a grande novela histórica,utópica do fútbol galego. «Bobi» Vilanova Castro era o máis novo.Acababa de se incorporar, con a penas dezanove anos, ó primeiro equipo do Celta de Vigo, que dirixía o severo adestrador alemán Lav Zilay,un vello triunfador do fútbol europeo que obtivera dous subcampionatos da uefa, finalista na Recopa, o Escudeto italiano e tresclasificacións nos mundiais. Daquela o Celta formaba con Domínguez, na portería, Pretinha, -o lateral dereito que chegara do Botafogo, unhamarabilla como carrileiro-, Gaula, Rodri e Garcés na defensa, Outes -o medio centro incansable, recuperador de balóns incribles, oriúndo deLleida con raíces galegas-, Kristopher -o internacional dinamarqués-,Kaisser e Manríquez na media, e Djuva -a estrela do equipo, o goleador esloveno, o señor da área, o dianteiro listo e cazador dos despistes- e Rodobam na dianteira. Un equipo que o presidente Santaló prepararaa golpe de talonario para participar nas competicións europeas. Bobidera un chimpo sorprendente dende a terceira á primeira división daliga de fútbol profesional, el, soamente el representaba á canteirados campos da Madroa e de Coia. Bobi andaba fino, era listo coma unallo, roubaba, servía, tocaba con aquel xeito seu, ó pé acariñando apelota, era un estilista. O responsable do seu ascenso, XaimeBarreiro, o humilde adestrador dos equipos xuvenís de base, díxolle ao seu «neniño de diamante», camiño da entrevista co presidente: Bobi,acórdate, paseniño e con humildade, non deixes que che suban os golesá cabeza».