Toda mitoloxía ten uns alicerces e toda épica ten uns inicios, e ochamado «Ciclo de Cthulhu», polifonía estridente e impía que desafíatoda cordura, non podía ser menos. Neste volume preséntanse asprimeiras obras de H.P. Lovecraft nas que se perfila este inmenso ecomplexo cosmos estarrecedor poboado das máis aberrantes entidades.Dos poboadores prehumanos e extraterrestres de «A maldición que caeusobre Sarnath» ás areas de Arabia que sepultan a esquecida «Cidade sen nome», dos saqueadores de tumbas de «O sabuxo» aos escuros segredosde Nova Inglaterra que relata «O festival», dos adoradores deNyarlatothep de «Os soños da casa da bruxa» a, como non, ossanguinarios cultistas de «A chamada de Cthulhu», estas páxinasrevélannos o nacemento dunha das mitoloxías máis importantes do século XX.