Ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura (estudo que abrangue ata os autores e autoras máis actuais destesinicios do século XXI), o libro complétase con toda unha batería deexercicios e actividades para facer deste manual un material motivador e doado de manexar. Os exercicios serán o complemento que permitiráque o estudo se memorice mellor e, sobre todo, que se comprendamellor. Todas as Unidades Didácticas se presentan, tanto nos apartados de Lingua como nos de Literatura, como se fosen un encerado, de talmaneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos doprograma perfectamente estruturados. Esta é unha vantaxe importante áhora de planificar o estudo e, xa que logo, a comprensión será moitomáis doada. Para reforzar a asimilación dos contidos, o equiporedactor deseñou unha batería de exercicios moi prácticos e variados,entre os que destacan, en todas as unidades, exames completos deSelectividade que van permitir afrontar esa proba con totalseguridade. Como no libro de 1º curso, sabemos que para que a grandeza da nosa literatura sexa entendida en toda a súa dimensión, énecesario encardinalo cos grandes feitos da historia da humanidade.Por iso, nas unidades de literatura ofrécese unha liña do tempo queexplica a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nososdías, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así como aos grandes acontecementos da historia mundial. Atendendo áscores, o estudante asiste a unha viaxe no tempo e cara ao futuro.O libro de texto de Lingua e Literatura Galega de 2º de bacharelato é, sobre todo, unha ferramenta útil, non só para comprender os temas que esixe o programa educativo, senón, tamén, para enfrontarte con éxitoás probas de acceso á universidade. Ao mesmo tempo, e consonte oformulado no 1º curso, está escrito desde o convencemento de que alingua galega é unha fiestra aberta, para achegarnos ás grandescuestións do noso tempo. A lingua, a nosa, é un vehículo decoñecemento, mais tamén de comunicación.